Ainé é unha das produtoras de artes escénicas máis relevantes de Galicia. Levamos aos escenarios os espectáculos máis exitosos da historia do teatro galego, por crítica e número de espectadores.
Traballamos pensando no público, comprometidos coa promoción do galego e a creación de estruturas estables na industria cultural.
Desde os escenarios e para o público
A QUE ANDAMOS?

Amoriños
Estamos a preparar a nova xira de Amoriños, o espectáculo co que David Perdomo e Xosé A. Touriñán volveron xuntar improvisación, humor e emoción arredor do amor máis caótico.
Despois do éxito da primeira xira, o proxecto regresa aos escenarios cunha primavera chea de funcións por Galicia, mantendo esa esencia de comedia viva na que cada función é distinta e o público forma parte fundamental do xogo.

O monólogo de Xosé A. Touriñán
Xosé A. Touriñán continúa co percorrido do seu monólogo, un espectáculo no que conecta coa súa propia biografía, coa identidade e coas experiencias cotiás a través do humor.
Nestes primeiros meses do ano, inicia a xira estatal, levando o espectáculo a cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao e Oviedo, mentres segue medrando función a función co público.

Territorio Regueifa
Nestes meses estamos a dar forma a Territorio Regueifa, un novo espectáculo que mestura teatro, humor, música e improvisación arredor da arte da regueifa. Dous regueifeiros e unha regueifeira lévannos polas súas orixes, pola súa evolución e polo lugar que ocupa hoxe esta tradición viva.
Un proxecto que combina divulgación, xogo escénico e participación do público, e no que seguimos traballando para levalo moi pronto aos escenarios.
EN XIRA
Amoriños
Un espectáculo de citas tolas, paixóns imposibles e personaxes que non deberían xuntarse… pero xúntanse igual.
Próximas datas
Monólogo de Xosé A. Touriñán
Un monólogo que viaxará por todo o Estado, no que Xosé A. Touriñán mestura humor e experiencia vital para conectar co público desde a proximidade.
Próximas datas
-
- 9 Out
- Madrid
-
- 23 Out
- Barcelona
-
- 31 Out
- Zaragoza
-
- 13 Nov
- Madrid
-
- 23 Xan 2027
- Valencia
-
- 27 Feb 2027
- Santander
Territorio Regueifa
Un espectáculo de teatro, humor, música e improvisación, no que dous regueifeiros e unha regueifeira introdúcennos na arte da regueifa, as súas orixes, a súa evolución, e a súa vixencia na actualidade.
Próximas datas
-
- 17 Out
- Val do Ubra
-
- 6 Nov
- Barakaldo
-
- 19 Nov
- Ames
Xosé A. Touriñán
Entre as pantallas e os escenarios, sempre coa idea de conectar co público. Comeza 2026 dando inicio ao percorrido estatal do seu monólogo máis persoal, e coa segunda xira do espectáculo Amoriños.
O ÚLTIMO NO CADERNO
A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
‘Amoriños’ chega ao Noroeste Estrella Galicia cunha edición especial en Santa Margarida
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo formará parte da programación da 39 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia cunha función especial o 9 de agosto.
Xosé A. Touriñán incorpórase ao elenco da terceira e última tempada de ‘Clanes’
A serie de Netflix producida por Vaca Films despídese cunha última entrega que volve reunir a Clara Lago e Tamar Novas como protagonistas, xunto a un amplo elenco do que forma parte Xosé A. Touriñán. A tempada final pecha a historia deste universo do narcotráfico en Cambados.
Máis improvisación oral para despois do verán: ‘Territorio Regueifa’ suma tres novas funcións
O espectáculo regresará aos escenarios en outubro e novembro con tres novas funcións xa confirmadas. Entre elas destaca a primeira representación fóra de Galicia, que terá lugar en Barakaldo.
Xosé A. Touriñán forma parte do elenco de ‘Ágata y Lola’, a nova serie de Atresmedia e Portocabo
A ficción producida vén de recibir o premio á Mellor Serie no Festival Internacional de Series Ría de Vigo. Xosé A. Touriñán forma parte do elenco dando vida a Óscar, unha das personaxes do ámbito familiar das protagonistas.








